Ti ben sabes que eu padezo unha teimosa nostalxia. Ti ben sabes que eu busco sen escusas a lentura da nosa terra. Ti ben sabes que nesta longa travesía sempre penso nela. Ti ben sabes que, presente ou afastado, tódolos meus desvelos se esvaecen cando cinxo o teu feraz corpo coa man desta vida amarela.
Visitas: 0