Teño diante miña unha paisaxe verdemar, unha espiga dourada e dun paxaro o seu chiar. Unha voz de ferro tómame nun volcán, o seu son fálame dun venerable lugar, de fontiñas e de néboas e dun sereniño xurrar. Da súa luz e galanía non che podes liberar, pois maxina a ledicia con afinada e firme man, bronce da miña paz, incenso do meu sangrar.
Visitas: 0