POÉTICA GALEGA (BIS)

Cando escribo síntome coma un peixe no medio do verde mar, síntome coma un náufrago saboreando nun recanto illado un chusquiño de branco pan. Cada verba que nace no meu interior escúlcoa e reméxoa, e síntoa nas entrañas coma se un deus da memoria orballara nas miñas mans. Entón, un poema, onte luz baleira, adquire con toda inmensidade o seu verdadeiro e claro luar.

Visitas: 1