O MEU PASADO

Leváchesme o pasado con tanta argucia, con tal sutil destreza, que esta mañá —cando espertei do teu longo soño— non puiden recobrar o sentido ata que unha voz me murmurou ao oído que a nosa chama, mantida día a día viva polos dous, incomprensiblemente hoxe deixou de arder.

Visitas: 0