NOCTURNO

Bole a teíña dun soño arredado. Ó xeito dun afogante pesadelo brúan as sabas dun orballo milenario. Nada bofe, ninguén fata. Tódolos homes, carne viva volteada, soñamos cun vento que arrede a néboa do desencanto. Nada bote, ninguén fata. Mais eu, nesta Alameda de envexables cariños de gloria, xuro retornar ás costas dun regadío de novas andoriñas, e dunha definitiva vez esgazar a brétema de fedorentas fouciñas que enloda o val do meu atento.

Visitas: 0