BOCANOITE NA MAÍA

Verdiño val, verde a Maía; verdiño o chan, verde tódolos días. Este casteliño recendo que espalla e recolle por curruncho calquera  flores sempre novas no inmortal aire  da nosa estrela. Verdiño val, verde A Maía; verdiño o chan, verde tódolos días. A seidosiña carriza que, ancorada neste corazón roxelo e falangueiro, flue polas miñas entrañas coma un perenne manancial de caladas e doces penedos. Verdiño val, verde A Maía; verdiño o chan, verde tódolos días. De bon grado quedeime aquelado. Perante tan gozosa seitura recompóñense as miñas borrallas, e, como un inmorente ave fénix, da nosa terra dentro xurde unha nova esperanza. Verdiño val, verde A Maía; verdiño o chan, verde tódolos días.

Visitas: 0