AMAÑECIDA NA MAÍA

Arregálanse os ollos buscando teimosamente ó lonxe unha manseliña flor. Silencio enxérgase xa no peito do día unha tenriña cor. Silencio non faledes; tan só albiscade e gozade coas pálpebras ben abertas a maxestosidade do nacente sol.

Visitas: 0