MORRIÑA

Unha fría e babuxenta ardentía feriu onte a miña memoria. Nacera a melancolía, alporizada nun mergullo de desertas mans. E no interior de min xorde unha festeira música que manseliñamente me ceiba desta roca de soños con ás de ceo e mar.

Visitas: 0