ADEUS

Esvaécese o amor coma unha aventura farta de furtivas promesas en primavera. Tórnase nun coitelo de carazos, e ferve o meu sangue nun agoiro de ausencias. De contado, xa en soidade plena, un alude de choivas morriñentas folguexa lembrando aquela fuxida xanela. Un ramallete de esquecidas caricias pule a miña doente tristura deixando nos labios unha interminable man de unxidas cereixas.

Visitas: 0