Teño diante miña unha paisaxe verdemar, unha espiga dourada e dun paxaro o seu chiar. Unha voz de ferro tómame nun volcán, o seu son fálame dun venerable lugar, de fontiñas e de néboas e dun sereniño cantar. Da súa luz e feitizo non me podo liberar, pois recrea a ledicia con afinada e firme man, e debuxa no meu sangue un esbozo de rexa paz.
Visitas: 0