POÉTICA GALEGA

Nos latexos dos meus versos defendo as miñas crenzas, confeso a fe dos meus, espallo o recendo da nosa terra, e fago con eles unha trincheira colmada de astros e de estrelas. Nos latexos dos meus versos sinto a vida sen medos nin cadeas, sepultando os meus cipreses nun tempo de brancas camelias, e trazo, a golpe de pulso, nunha beira sempre viva, o perfil mollado dunha núa letra.

Visitas: 0