De certo ti sabes que eu padezo unha testuda nostalxia. De certo ti sabes que eu busco ás direitas a lentura da nosa terra. De certo ti sabes que neste longo treito sempre penso nela. De certo ti sabes que, presente ou alonxado, tódolos meus desvelos esvaecense cando cinxo o meu corpo na súa feraz sementeira.
Visitas: 0