ADOLESCENCIA

… e asaltamos aquel recolleito recuncho coma ramiñas esfolladas dunha árbore xa vella, situando o noso tempo cucado nun leito de pétalos de rosa. Cada chopiño, cada memoria adolescente, é un salaio a destempo, é un ramo de azaleas e hortensias berrando saudades e canseiras embaixo da velaíña candura dunha terra aínda hoxe latente.

Visitas: 0