Unha fría e babuxada queimura feriu onte a miña memoria. Lonxana, ao seu cabo, a silandeira ventá repara no dardexante nacemento da melancolía. Xa non sento o pracer do teu clima asolagándose nas miñas mans, nin latexa no interior de min a fagueira música que mansamente ceiba con ás de ceo e mar o piñeiral da miña aleluia.
Visitas: 0