Esvaécese de súbito coma unha aventura farta de promesas en primavera. E múdase nun coitelo de xeada no mesmo momento co meu sangue presaxia a túa ausencia. De seguida, xa en soidade plena, un alude de choivas morriñentas folguexa lembrando aquela fuxida batea. Un ramallete de esquecidas caricias alaga amiña tristura deixándome unha interminable man de unxidas culpas.
Visitas: 0