ONÍRICA PEREGRINACIÓN

(Ausencia. A miña alma precipítase por un leito de lúas baldeiras).
Soño contigo. Un testemuño celta achégame a ti, e abálame con nanas nunha cadea de arrolos poñendo vizosos bálsamos na semilla das miñas lastras. Soño contigo. Un berro de esperanza nace no meu peito ofrendándome un milenio de gozos cheos. Soño contigo. Unha silveira de flores agora mesmo talladas arranxa o escuro desterro que dende tempos xa esquecidos sofre este eterno viaxeiro.

Visitas: 0