A fresquiña claridade do serán derrámase por este paraxe senlleiro e singular. Silencio, sangría do corazón. Observo a herba mainiña, a limpa liña do roxo horizonte e mailo buraquiño ferido daquela ausencia. Unha penumbra chea de flores e mais un sosego que antano foron meus bendicen tódolos recunchos deste agarimoso lugar. Que non se bote a perder esta paisaxe!, cheira a terra ahondo orballada e a resina de castiñeira, a beizos de tomiño e a ramiñas das cerdeiras. Silencio, o corazón volve a sangrar. Silencio, xa é noite pecha, xa anoiteceu, sosego e repouso polo miúdo nesta colleita praia sen mar.
Visitas: 0