Gateiro de núas baladas, o teu baio son abre un fecundo furado na tristura do meu ser. Repenican ao xeito, paseniño, compasando o meu rebulido xarope coma se descansara nun apracible xuntar. Escoitémolas. Tan, tan, tan… Unha carballeira de intensas lembranzas espállase polo meu interior, eunhamorea de limpas alboradas ínchase no colo do meu bregar. Escoitémolas. Tan, tan, tan…
Visitas: 0