Pasou o día, pasou a romaría.
Carriza que medra ancorada a unha fría e lexendaria pedra, carriza que serpea sen rosear por bermellas tapias, e máis en lilaino recordo esmaíase. Todo, inclusive o noso tempo, detense. Un relampo de remirados cariños e furtivas promesas acurúxase na miña memoria. De certo, non hai recompensa. Por máis que espigas e lentas terras me alumeen, por moito que unha ducia de doces biquiños péndase da miña estrela, nadiña, ningun riso de fogo quente bótase na miña fulxente xesteira.
Visitas: 0