Lingua da nosa terra, achégome a ti cos ollos camiño do ceo e un cantar aparvado no risco dos meus beizos. Sei que aínda é cedo para falarche dun pucheiro ben feito, mais o meu corazón anda cheo de regatos quentes, tan só falta que alguén desexe escoitar nun curruncho da lareira o branco rumor dunha cantiga case imberbe.
Visitas: 0