A INDOLENCIA ESTIVAL

A miña figura galopa dona do universo a lombos dunha sedenta indolencia. Neste despregue de silentes oracións vorazmente espido a miña vontade, encerrando os meus xestos e amuletos nun círculo nocturno de batallas e torrentes monacais.

Visitas: 0