Ela esqueceuno por partes: primeiro, o máis doado, a voz; logo, o máis intenso, o olor; e por último, o remate, o nome. Como quen desmonta unha casa que xa non habita, ladrillo a ladrillo, sen présa. O recordo volveuse po, e o po, vento. E nese vento, ela respirou liberdade.
Visitas: 0